publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Conclúe a construción de novos vestiarios no campo de fútbol de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda vén de concluír as obras de construción dos novos vestiarios do campo de fútbol municipal Juanito González. Unha intervención que contou cun orzamento cercano aos 6.000 euros e que se financiaou con cargo a unha subvención procedente da Deputación provincial da Coruña. E é que o Concello presentaba o proxecto á liña de achegas para sufragar investimentos en instalacións deportivas e recibir o visto bo da institución provincial.

Os traballos leváronse a cabo nas últimas semanas, baixo as gradas do recinto deportivo. Alí se habilitaron os novos vestiarios, que contan cunha zona de aseos e seis duchas. Un espazo destinado para os deportistas das categorías inferiores. Así mesmo, no espazo colindante creouse un pequeno almacén.

28 de maio de 2015 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.