publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cedeira tramita as solicitudes para participar no programa “Turismo Social” do Imserso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello de Cedeira animou aos maiores da vila a participar no programa “Turismo Social” do Imserso. Para isto, tan só deben acudir ao Departamento Municipal de Servizos Sociais, ubicado na terceira pranta do centro sociocultural. As traballadoras sociais encargaránse de tramitar toda a documentación necesaria para formalizar a inscripción. O prazo permanecerá aberto ata o 5 de xuño e o horario de atención ao público é de luns a venres, de 10 a 13 horas. O programa, que promove o Imserso no marco da súa política de envellecemento activo, busca facilitar a incorporación deste colectivo ás correntes turísticas, ao tempo que paliar as consecuencias que en materia de emprego produce o fenómeno da estacionalidade no sector turístico.

Se a pasada tempada se dispoñía de acreditación para viaxar, non é preciso cumprimentar nova solicitude, pois o Imserso contactará coas persoas que se atopen nesta situación para proceder á renovación de datos. Por contra, se se accede por primeira vez ou se renova tras un periodo inactivo, deberá formalizarse nova petición.

12 de maio de 2015 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.