publicidade hoxe

As máquinas para o ensanche do vial de Fondos a Bugarín chegan a Cerdedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+

Tras as xestións realizadas polo Alcalde ante a Deputación Provincial chegaron no día de hoxe as máquinas necesarias para proceder ao ensanche do viario provincial desde o lugar de Fondos ata Bugarín.

Esta actuación é moi necesaria para avanzar nunha nova fase do ensanche do viario Serrapio a Fondós. Este viario xa está ensanchado no tramo Serrapio-Bugarín, e a parte final da urbanziación en Fondós-Outeiro-Quireza, quedando pendente este tramo (Fondós-Bugarin) que se iniciará en breve tras a chegada das máquinas.

As obras comezarán co desmonte de terreo e a ampliación do actual viario para crear 2 carrís de 3,50 metros de ancho cada un así como 2 metros de beiravía. Por tanto, a plataforma resultante terá un ancho de 9 metros, sen contar as correspondentes cunetas.

A obra rematará na urbanización da travesía Fondós-Quireza, que se realizou hai uns anos. Segundo fontes municipais, o alcalde xestionou coa Deputación o ensanche do viario porque era moi demandado polos veciños dado que no angosto viario actual xa ocorreron varios accidentes.

Igualmente xa está redactado o proxecto de ensanche da Ponte de Serrapio e pendente a súa licitación por parte do organismo provincial.

Tamén se está traballando no proxecto da Ponte de Fondos e muro contención no ensanche da curva anterior á urbanización xa realizada no lugar de Fondós na primeira fase.

O importe do ensanche Fondos-Bugarín ascende a 440.000 €

14 de maio de 2015 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.