publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Festa da Filloa agradece a labor dos colaboradores cun xantar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+
Participantes no xantar

Participantes no xantar

O pasado domingo, 3 de maio, a comisión organizadora da MOEXMU (que é a mesma que a da FESTA DA FILLOA) celebrou un xantar de agradecemento para todos os colaboradores da XXIV edición da Festa de Filloa de Muimenta – Festa de Interese Turístico de Galicia, á cal acudiron case un cento de veciños da Vila e dos pobos cercanos, e que grazas a eles se pode celebrar a Festa.

Despois da empanada, do churrasco, criollos, queixo, tarta, café e queimada, varios dos participantes adicáronse ao baile, mentras que outros xogaron a partida. Unha tarde na que todos puxeron en valor a celebración desta Festa, que camiña xa cara o cuarto de século.

5 de maio de 2015 | 13:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.