publicidade hoxe

Recepción do alumnado do IES Praia Barraña no concello de Boiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+
Recepción dos alumnos

Recepción dos alumnos

O alumnado do IES Praia Barraña participante no certame Euroscola 2015 vén de ser recibido no concello de Boiro onde estivo realizando parte da súa inciativa para este proxecto. Nesta ocasión o concurso -organizado pola Oficina de Información do Parlamento Europeoestá dedicado ao Ano Europeo do Desenvolvemento 2015.

O traballo realizado no concello consistiu na gravación dun vídeo onde o alumnado simulaba encontrarse nunha sesión do europarlamento debatendo sobre os temas de actualidade centrados nos obxectivos do milenio dos que cabe destacar os seguintes: loitar para erradicar a pobreza, mellorar a saúde, garantir un desenvolvemento sostible do planeta e traballar a prol da igualdade entre xéneros.

Centrados no lema do concurso- “O noso mundo, a nosa dignidade, o noso futuro”- o alumnado levou a cabo a iniciativa para dar a coñecer os programas europeos de cooperación ao desenvolvemento e ás estratexias europeas de loita contra a pobreza dentro e fóra da UE. As diferentes actividades organizadas polo alumnado de 1º Bacharelato trataron de fomentar un sentimento de responsabilidade e de participación cidadá de cara á contribución para a realización de proxectos solidarios e a sensibilización polo coidado do noso medio ambiente. Dita iniciativa foi titulada “Por un futuro máis xusto e sostible”. Toda a información recabada, as entrevistas que se realizaron e o proxecto final que se levou a cabo atópase no seguinte blog: desenvolvementoboiro.blogspot.com.

Neste proxecto o alumnado fai uso de todos os seus coñecementos en Tecnoloxías da Información e a Comunicación- TICs (programas de edición de fotos, vídeos e presentacións) para a elaboración de todo do o material e a publicación nese blog. Este proxecto tamén serve para fomentar a interdisciplinaridade e a colaboración entre diversos departamentos.

8 de abril de 2015 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.