publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os Bolechas visitan Bande

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBande
A-
A+

Os Bolechas van a Ourense é unha proposta de dinamización para o público infantil para dar a coñecer os valores da provincia. A caravana, que estará na praza da Constitución do Concello de Bande o día 15 de abril, traerá actividades como: karaoke, taller de debuxo, taller de chapas, cine, ludoteca, aula de informática, xogos interactivos, música e animación.

Ademais, TODAS AS NENAS E NENOS PARTICIPANTES que se acheguen á caravana levarán de agasallo o libro: “OS BOLECHAS VAN A OURENSE”. Un libro onde os Bolechas percorren a provincia de Ourense coas súas aventuras.

Ademais deste agasallo, tódalas nenas e nenos do concello que se acheguen á caravana poderán participar en importantes obsequios de lote de libros.

Horario de apertura ao público de 12:00 horas a 14:00 horas e de 16:30 horas a 20:30 horas.
Na caravana participan as sete personaxes dos libros a través de bonecos xigantes corpóreos que estarán de 17:00h. a 20:00h.

10 de abril de 2015 | 11:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.