publicidade hoxe

Obradoiro “Incubadora de proxectos” en Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

Hoxe venres 24 de abril, ás 20.00 h. terá lugar na estación de tren de Santa Cruz, o obradoiro Incubadora de proxectos. Trátase dunha acción formativa e informativa para a mocidade, na que se tratarán temas relacionados cos programas de educación non formal, a busca da mellora das súas competencias na redacción e execución de proxectos e o coñecemento sobre programas xuvenis coma o Erasmus+, Iniciativa Xove. Voluntariado Xuvenil, Galeuropa…

PROXECCION DO DOCUMENTAL “UNITARIAS”

Por outra banda, mañá sábado 25 de abril, ás 20.00 h., o centro social de Vedra acollerá a presentación deste documental gravado a finais do curso pasado no CRA de Boqueixón- Vedra na escola de San Xián no que participaron numerosos nenos e nenas desta escola, ademais dos pais e dos mestres que forman parte co CRA.

O documental narra a experiencia vital e profesional do mestre José Alberto Sacido Romero e baixo a dirección de Jorge Algora analiza o pasado e presente do ensino nas aldeas e o papel que xogan as escolas unitarias como símbolo dunha educación integradora e como ferramentas para o asentamento da poboación rural.

III FESTIVAL DE BANDAS XUVENÍS

Por último, o domingo 26 de abril, ás 17 h., a Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla ofrece por terceiro ano este festival de bandas xuvenís, que será unha perfecta ocasión para pasar unha tarde de domingo de música e da boa. Na Casa da Cultura de Santa Cruz de Ribadulla

 

24 de abril de 2015 | 10:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.