publicidade hoxe

O goberno de Sober pon a disposición dos veciños un autobús para acudir ao partido de ascenso do CD Sober

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober anuncia que pon a disposición dos veciños e veciñas un autobús gratuíto para que poidan acudir ao partido de ascenso que o CD Sober xoga o domingo contra o Oural.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, afirma que “é unha oportunidade de animar ao CD Sober para axudarlle a conseguir o ascenso de categoría a segunda autonómica”.

O autobús sairá da Praza do Concello de Sober ás 17:00 horas do domingo e volverá unha vez que remate o encontro.

O rexedor anima a todos aos soberinos e soberinas a achegarse a Oural e dar o seu apoio ao equipo do CD Sober “como xa fixeron o pasado domingo contribuíndo a que os locais gañaran o partido por un gol a cero fronte ao Oural”.

Todos e todas os que estean interesados en asistir poden anotarse no Concello de Sober.

23 de abril de 2015 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.