publicidade hoxe

O Concello de Teo lamenta o absentismo da Xunta na formación aos desempregados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

O Concello de Teo lamenta o “absentismo” da Xunta de Galicia en materia de formación aos desempregados nos últimos anos. Dende a Administración Local fixéronse varias solicitudes de accións formativas dirixidas a persoas en paro, accións que foron desestimadas sempre dende a Consellaría de Beatriz Mato.

A última destas peticións consistía en dúas  propostas: recepción en aloxamentos, e operacións básicas de pisos en aloxamento.  A proposta incluía a utilización das instalacións do Hotel Congreso en réxime de alugueiro. Como as outras, foi denegada.

Dende o goberno municipal saliéntase que “as políticas de emprego dos últimos anos do PP no goberno do Estado e na Xunta de Galicia levounos a que  Galicia sexa unha das rexións europeas cunha taxa de paro superior á media, e aquí  que dende comezos de ano se destruíran mais de 12.000 empregos”.

Resulta unha desvergoña que, diante desta situación, “a conselleira Mato e o candidato local do PP, José Manuel Guerra, aproveiten a desesperación das persoas sen traballo para facer campaña electoral cando nos últimos anos non fixeron uso das súas competencias e fondos para fomentar políticas activas de emprego”.

28 de abril de 2015 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.