publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xestur adxudica once parcelas no parque empresarial de Barreiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarreirosLourenzáLugoViveiro
A-
A+

O interese dos empresarios mariñaos polo solo empresarial bonificado posto á venda pola empresa pública Xestur continúa activo despois do remate do concurso de venda, como o demostra o feito de que o Consello de Administración da Sociedade adxudicou directamente once novas parcelas no parque empresarial de Barreiros.

Estas parcelas suman unha superficie total de máis de 8.000 metros cadrados e un prezo de venda, xa aplicadas as bonificacións, de preto de preto de 214.000 euros. En total, Xestur leva vendidas entre febreiro e marzo trece parcelas do parque empresarial de Barreiros, cunha superficie total de máis de 13.200 metros cadrados.

Por outra parte, no próximo mes de abril o Instituto Galego da Vivenda e Solo prevé convocar concurso de venda do solo empresarial da súa propiedade, entre o que se atopa a segunda fase do parque empresarial de Lourenzá, no que se porán á venda doce parcelas, cunha superficie total de preto de 13.400 metros cadrados. A bonificación do prezo das parcelas neste parque empresarial será do 50 por cento.

Xustiprezos

Por outra parte, o consello de administración de Xestur tamén autorizou o pago, no próximo mes de abril, de preto de 200.000 euros correspondentes aos xustiprezos de 24 fincas, fixados na expropiación de terreos para o parque empresarial de Landrove, en Viveiro.

27 de marzo de 2015 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.