publicidade hoxe

Preto de 90 persoas presentan a súa solicitude para formar parte da bolsa de traballo para peón do Concello de Cedeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello de Cedeira vén de publicar a listaxe provisional das persoas admitidas e excluídas no proceso para a creación dunha bolsa de traballo para peón que impulsa a Administración local. Proceso no que preto de 90 persoas presentaron a súa solicitude no Rexistro Xeral. Así, a relación pode consultarse tanto no Taboleiro de Anuncios da casa consistorial como na páxina web municipal. Agora, está aberto o prazo para que, no caso daqueles excluídos, poidan subsanar a documentación presentada. E, a partir de ahí, o proceso de selección continuará cun exercicio de dúas probas (tipo test e práctica).

Os que o superen pasarán a formar parte da bolsa de traballo coa que o Concello realizará contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos nos postos de traballo de peón cando así se precise.

9 de marzo de 2015 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.