publicidade hoxe

Guadi Galego presenta na súa terra natal “Lúas de outubro e agosto”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCedeira
A-
A+
Guadi Galego

Guadi Galego

A cantante Guadi Galego chega a Cedeira, a súa terra natal, para presentar o seu novo disco: “Lúas de outubro e agosto”, o segundo en solitario, que vendeu máis de 3.000 copias no tramo final do pasado ano. A actuación terá lugar este sábado, 28 de marzo ás 20,30 horas, no Auditorio Municipal de Cedeira, con entradas a cinco euros.

Guadi Galego foi voz principal e gaiteira do grupo Berrogüeto, e tamén formou parte como intérprete e compositora de proxectos colectivos como Nordestinas, Espido e aCadaCanto.

Preséntase agora cun sonido e unha expresión artística máis madura e tamén máis atrevida, máis melódica pero, á vez, máis arriscada. “Lúas de outubro e agosto” contén cancións cun nexo común: “a natureza das composicións, a esencia do vivido e madurado, a emoción e a intensidade, a delicadeza e o risco”.

25 de marzo de 2015 | 11:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.