publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Bádminton solidario no IES Praia Barraña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

O alumnado do Praia Barraña participante no certame Euroscola 2015 vén de organizar un torneo de bádminton solidario no que os fondos recadados serán doados a unha ONG. Nesta ocasión o concurso -organizado pola Oficina de Información do Parlamento Europeo- está dedicado ao Ano Europeo do Desenvolvemento 2015.

Centrados no lema do concurso- “O noso mundo, a nosa dignidade, o noso futuro”- o alumnado está levando a cabo unha iniciativa que pretenderá dar a coñecer os programas europeos de cooperación ao desenvolvemento e ás estratexias europeas de loita contra a pobreza dentro e fóra da UE. A actividade deportiva organizada polo alumnado de 1º Bacharelato permitiu participar a toda a comunidade educativa do IES Praia Barraña e tratou de fomentar un sentimento de responsabilidade e de participación cidadá de cara á contribución para a realización de proxectos solidarios.

Dita iniciativa leva por título “Por un futuro máis xusto e sostible”. Toda a información recabada, as entrevistas que se están a realizar e o proxecto final que se levará a cabo para esta actividade, atópase no seguinte blog: desenvolvementoboiro.blogspot.com.

Neste proxecto o alumnado fai uso de todos os seus coñecementos en Tecnoloxías da Información e a Comunicación- TICs (programas de edición de fotos, vídeos e presentacións) para a elaboración de todo do o material e a publicación nese blog. Este proxecto tamén serve para fomentar a interdisciplinaridade e a colaboración entre diversos departamentos.

26 de marzo de 2015 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.