publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Abegondo acorda co Colexio de Odontólogos prezo reducido para veciños en risco de exclusión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondoLocal Portada
A-
A+

O salón de pleno do Concello de Abegondo acolleu hoxe a firma dun convenio, o primeiro en Galicia destas características, para apoiar ás persoas con risco de exclusión. Trátase dun acordo alcanzado entre o Concello e o Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña que promoverá o acceso á saúde mental dos veciños sen recursos. O alcalde, José Antonio Santiso, e o presidente do Colexio, José María Suárez, asinaron hoxe o convenio que estipula os servizos odontológicos e protésicos que se ofrecerán aos veciños de Abegondo nesta situación. Para acceder a estas vantaxes, os Servizos Sociais municipais realizarán o informe pertinente. O Colexio promove con este convenio os seguintes prezos especiais para as persoas beneficiarias:

- Obturación non complexa: 20 €

- Obturación complexa: 20 €

- Endodoncia non complexa: 30 €

- Endodoncia complexa: 40 €

- Exodoncia dental: 20 €

- Coroa simple: 75 €

- Prótese removible: 200 €

- Limpeza e revisión: 10 €

- Diagnóstico e RX: 10 €

Calquera outro tratamento valorarase en función das características do paciente. Pero o alcalde de Abegondo quixo dar un máis e anunciou no acto de hoxe que o Concello asumirá o 50% destes servizos para “facilitar ao máximo que ás persoas con verdadeira necesidade que poidan ir ao dentista”. Neste sentido, avanzou que uns dos destinatarios sobre os que porá máis enfásis serán os nenos. “Hai que coidar os dentes desde a infancia, e con este servizo as familias con menos recursos poderán dispor do mesmo a un baixo custo”, afirmou.

O rexedor felicitou ao presidente do Colexio pola “excelente idea” de universalizar a atención odontolóxica. E este agradeceu a Santiso por ser o primeiro Concello que se suma á iniciativa, que tampouco se realiza en ningunha outra provincia de España. A asistencia levará a cabo na clínica social do Colexio. Os odontólogos serán persoal cualificado e colexiados e serán os que determinen o tratamento adecuado para cada paciente en función do diagnóstico realizado.

23 de marzo de 2015 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.