publicidade hoxe

A Deputación de Lugo ofrece un novo curso gratuíto de adestramento de cans de pastoreo en Castro de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastro de ReiLugo
A-
A+

A Deputación de Lugo ofrece un novo curso gratuíto de Adestramento de cans Border Collie de pastoreo, dirixido a un total de 20 participantes e que celebrará en Castro de Rei en dúas edicións, os días 14 e 15 de marzo. Esta actividade, na que xa tomaron parte máis de 100 gandeiros procedentes de toda Galicia nas cinco edicións anteriores, ofrecerá formación de marcado carácter práctico sobre as técnicas claves no adestramento para labores de pastoreo de rabaños de cans da raza Border Collie.

Esta raza é a máis empregada para este tipo de polas súas peculiares aptitudes xenéticas, que facilitan enormemente o traballo dos gandeiros, ao permitir, por exemplo, que un gandeiro acompañado dun só can poida dirixir rabaños de ata 700 animais. Na provincia de Lugo, aproximadamente un 25% dos gandeiros conta con cans desta raza para labores específicas de condución do gando.

O curso conta cun total de 20 prazas dispoñibles, 10 para cada un dos días. Desenvolveranse en horario de mañá e tarde, de 9:30 a 13:30 horas e de 15:00 a 19:00 horas, os cales serán de carácter eminentemente práctico. Proxectaranse vídeos explicativos das diferentes técnicas existentes que mellor se adaptan ás características do terreo, aos animais do rabaño ou ao carácter do propio can, dos que os participantes obterán copias para facilitar os coñecementos recibidos.

O encargado de impartir este curso será novamente o experto navarro Alejandro Ibarra Artús. Para inscricións e máis información poden contactar co teléfono 660 541 534 ou en victordagrelo@hotmail.com.

11 de marzo de 2015 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.