publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A conselleira Rocío Mosquera visita as novas instalacións do consultorio de Mera

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOrtigueira
A-
A+
Rocío Mosquera na visita ao consultorio de Mera

Rocío Mosquera na visita ao consultorio de Mera

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, destacou que as novas dependencias do consultorio de Mera, en Ortigueira, beneficia aos 710 pacientes usuarios do mesmo. Estas instalacións, en funcionamento dende o 19 de xaneiro, complementan –segundo Rocío Mosquera- a oferta de servizos de atención primaria no concello, conxuntamente co propio centro de saúde de Ortigueira e a Casa do Mar de Espasante, no ámbito da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

“Desde o Servizo Galego de Saúde queremos seguir mellorando a capacidade resolutiva da Atención Primaria, reforzando o seu papel nuclear a través de todas as ferramentas que teñamos dispoñibles, e mellorando a capacidade e dilixencia na derivación para aqueles pacientes ou situacións que non son abordables no primeiro nivel asistencial”, así o afirmou a conselleira de Sanidade. Na visita estivo acompañada polo xerente da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, Ángel Facio Villanueva.

Instalacións completamente novas

Os novos espazos divídense en dúas áreas, unha de medicina xeral e enfermaría, con tres consultas (unha consulta de medicina xeral, unha consulta de enfermería e unha sala polivalente); e outra área de persoal, onde se ubica o almacén co material preciso para desenvolver a actividade do centro.

A conselleira de Sanidade tamén salientou que estas instalacións son “un claro exemplo e mostra de colaboración entre diferentes administracións públicas en beneficio dos cidadáns e das cidadás, como tamén ocorre noutros concellos ao longo da xeografía galega”, xa que se trata dun local de propiedade municipal, habilitado como consultorio conforme a un Plan Funcional elaborado polo Servizo Galego de Saúde.

Neste senso, salientou que se trata de “facer real o compromiso que adquirimos con todos os galegos, neste caso cos desta vila de Ortigueira, para mellorar a atención que lles prestamos desde o Servizo Sanitario Público no nivel de atención primaria, o máis próximo a cidadanía”.

10 de febreiro de 2015 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.