publicidade hoxe

Subtrae xoias nas vivendas nas que traballaba como asistenta en Ferrol e Narón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolNarónPadrónSucesosTeo
A-
A+
Europa Press

Axentes da Garda Civil detiveron o martes unha muller de 42 anos veciña de Ferrol como presunta autora dun delito continuado de furto de xoias en tres vivendas das localidades coruñesas de Narón e Ferrol nas que traballaba como asistenta.

Os feitos que foron denunciados no Cuartel da Garda Civil da localidade aconteceron cando a muller traballaba como asistenta nas devanditas vivendas e subtraeu xoias por valor de 15.000 euros, segundo informou o Instituto Armado.

Os feitos denunciados foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución Número 1 de Ferrol.

Roubo en Padrón

Por outra parte, axentes da Garda Civil de Padrón detiveron un veciño de Teo (A Coruña) de 28 anos como presunto autor dun delito de furto no interior dunha vivenda.

As mesmas fontes sinalaron que o suceso tivo lugar o pasado día 10 nunha vivenda de Padrón, onde se subtraeron xoias valoradas en 1.500 euros. O feito foi posto en coñecemento do xulgado de garda de Padrón.

28 de xaneiro de 2015 | 13:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.