publicidade hoxe

Povisa xustifica o ERE pola redución no ingresos de pacientes e o incremento dos gastos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraVigo
A-
A+
Europa Press

O hospital vigués Povisa xustificou a súa intención de aplicar un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) extintivo a 56 traballadores pola redución de ingresos procedentes de pacientes públicos e privados, así como polo aumento de gastos financeiros e a previsión de rexistrar 5,4 millóns de euros en perdas en 2015.

Segundo a memoria económica entregada ao comité, a dirección da empresa constatou unha “diminución persistente” no nivel de ingresos nos últimos anos, e explicou que o beneficio de 2013, de 16,5 millóns, debe reducirse realmente a 3,6 millóns, porque nese exercicio se produciron unha serie de feitos “extraordinarios” que non repetirán repetiran (como o ingreso de máis de 12 millóns por dous litixios que Povisa gañou a Sergas, ou o cobramento de gasto adicional en medicación de uso hospitalario).

Ademais, a empresa mantén que, en 2015, haberá unha redución de ingresos económicos correspondentes a poboación adscrita (polas novas condicións do concerto co Sergas) de máis de 4 millóns, así como unhas perdas duns 400.000 euros de poboación non adscrita, ou case 19 millóns menos previstos no ámbito de atención privada.

A isto, Povisa suma outros números negativos, como o pagamento do IVE sanitario, os gastos derivados dun convenio colectivo conxelado, a amortización de equipos adquiridos recentemente ou os gastos financeiros. En total, a empresa prevé unhas perdas de 5,4 millóns en 2015.

Ademais das causas económicas, o hospital contempla causas de reorganización da actividade no propio centro, amparándose en que algúns postos non teñen carga de traballo, ou que determinados servizos poden funcionar con menos persoal propio e con parte da actividade externalizada (como o caso de fisioterapia).

En calquera caso, Povisa considera que as medidas propostas afectan “servizos non esenciais” e que iso permite “minimizar o seu impacto”. Coas medidas propostas, prevé un aforro de 370.000 euros.

22 de xaneiro de 2015 | 20:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.