publicidade hoxe

Os escolares de Soutomaior visitan “Reptigalia”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+
Visita escolar a Reptigalia

Visita escolar a Reptigalia

Máis de 400 escolares do Concello de Soutomaior visitaron esta semana a exposición “Reptigalia”. A mostra, aloxada no Multiusos de Arcade, acolle máis de 30 exemplares vivos de escorpións, tarántulas, ras tropicais, camaleóns, dragóns e serpes de diversas partes do mundo. Durante os primeiros catro días calcúlase que a exposición foi visitada por máis de 1.000 veciños de todas as idades.

Desta forma, o Multiusos de Arcade converteuse durante dúas semanas nun espazo científico e educativo que contou con exemplares de animais procedentes de todo o planeta expostos en terrarios que simulan o seu hábitat natural.Cada un dos réptiles exhibidos acompáñase dunha ficha biolóxica, nome, clase, orde, familia, características morfolóxicas, orixe xeográfica…

Os primeiros en visitar a exposición foron os máis de 300 alumnos de primaria do CPI Manuel Padín Truiteiro de Arcade. Despois de admirar aos exóticos animais, os pequenos, divididos en cursos, tiveron a ocasión de expoñer todas as súas preguntas ao experto que acompaña a exposición, Sito García.

A continuación foi a quenda dos alumnos de 5º e 6º de primaria do Colexio Apóstolo Santiago mentres que os seus compañeiros de 1º a 4º de primaria e os pequenos da Escola Infantil “A Galiña Azul” gozarán da mostra a próxima semana.La exposición permanecerá aberta ata o próximo 5 de febreiro de luns a venres en horario de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas. A entrada é totalmente gratuíta.

30 de xaneiro de 2015 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.