publicidade hoxe

Día do Neno e Cabalgata de Reis en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

O Concello de Xove avanza cara o final deste Nadal cun amplo programa de actividades:

SÁBADO 3 DE XANEIRO

Celebraremos, ao longo de toda a xornada, o DÍA DO NENO, que vai ter dous ámbitos, un na Piscina Municipal e outro no Pavillón de Deportes:

Na Piscina Municipal teremos XOGOS ACUÁTICOS, con 3 aparellos de auga distintos, en horario de 11:00 a 14:00 horas pola mañá e de 16:30 a 19:30 horas pola tarde. A entrada a esta actividades vai estar regulada polo personal da Piscina Municipal, facéndose a entrada á mesma segundo grupos de idades:

-De 11:00 a 12:00 h.: 5 a 8 anos.

-De 12:00 a 13:00 h.: de 9 a 11 anos.

-De 13:00 a 14:00 h.: de 12 a 15 anos.

-De 16:30 a 17:30 h.: de 12 a 15 anos.

-De 17:30 a 18:30 h.: de 9 a 11 anos.

-De 18:30 a 19:30 h.: de 5 a 8 anos.

No Pavillón Municipal de Deportes, en horario de 16:00 a 20:00 horas, tódolos nenos e rapaces poderán disfrutar de inchables no Pavillón de Deportes. Imos ter 8 grandes inchables, todos distintos e pensados para distintos tipos de idades; esta oferta vaise completar con dous obradoiros, un de papiroflexia e outro de maquillaxe.

A ENTRADA A ESTAS ACTIVIDADES É DE CARÁCTER TOTALMENTE LIBRE E GRATUITO.

DOMINGO 5 DE XANEIRO

A Cabalgata está previsto que comece ás 19:00 horas, pero antes, os Reis farán unha visita, coma en anos anteriores, á Residencia da 3ª Idade, visitando aos nosos velliños. Rematada esta actividade, os Reis partirán en cabalgata ás 19:00 horas dende a nave-almacén que o Concello ten nas inmediacións do Campo Municipal de Fútbol, continuando a súa andaina pola Rúa Acceso Grupo Escolar, pasando despois á Avenida Deputación, que recorrerán en boa medida, cortarán despois por Doutor Baamonde Illade, seguindo polo Camiño Real ata chegar ao Pavillón de Deportes. Despois os Reis inda estarán un bó rato con tódolos nenos no Pavillón, recollendo cartas, sacándose fotos, etc.

Para rematar, tódolos nenos e rapaces poderán disfrutar dunha FESTA INFANTIL no Pavillón co DJ TAPI-DECIBELIOS. E despois,….. a esperar os Reis.

Con respecto á celebración da Cabalgata, o Concello emitiu o seguinte AVISO:

Dende o Concello emitouse un aviso a toda a poboación de Xove solicitando colaboración para mellorar a seguridade no desenvolvemento da Calbagata o vindeiro LUNS, 5 de xaneiro. Neste sentido, solicítase a tódolos veciños e visitantes que o día da Cabalgata NON APARQUEN na marxe dereita da estrada en sentido cara a Viveiro, dende o primeiro semáforo (cruce coa rúa Acceso Grupo Escolar, onde está a Pizzería Onde Sempre) ata o seguinte semáforo (cruce coa rúa Doutor Baamonde Illade, onde está o Bar A Esquina).

Con isto preténdese que tódolos participantes na Cabalgata, os que vaian na mesma Cabalgata e tódolos espectadores, en especial os nenos que van recollendo os caramelos) disfruten de máxima seguridade.

2 de xaneiro de 2015 | 10:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.