publicidade hoxe

Curtis organiza o Día do Patín para toda a familia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

O Concello de Curtis organizará mañá, sábado, día 31, por segundo ano consecutivo, o Día do Patín, xornada aberta para nenos de máis de 4 anos e os seus pais. A partir das 16.00 horas, no Pavillón de Teixeiro, preparáronse circuítos, xogos, carreiras de velocidade e patinaxe con música, entre outras actividades.

Os nenos e pais que acudan deberán levar os patínes e as proteccións.

30 de xaneiro de 2015 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.