publicidade hoxe

Acebe CCA celebrou o sorteo da campaña de Nadal do comercio de Betanzos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzos
A-
A+
Sorteo da campaña de Nadal

Sorteo da campaña de Nadal

ACEBE.CCA celebrou a primeira hora desta mañá o sorteo ante notario no que se deron a coñecer os números premiados da campaña “ESTE NADAL REGALA COMERCIO DE BETANZOS” que nesta ocasión premiou a fidelidade dos clientes dos comercios e empresas de Betanzos repartindo 1.500 € divididos en oito premios. O notario encargado da realización do sorteo foi Francisco J. Ramírez González e estivo acompañado no acto pola presidenta de ACEBE CCA, Antonia Anido Díaz. No sorteo resultaron gañadores os seguintes números:

PRIMEIRO PREMIO (500 €)

– 180888 – GADIS

SEGUNDOS PREMIOS (250 €)

– 087001 – MARÁN

– 101164 – CASA CARMEN

TERCEIROS PREMIOS (100 €)

– 172800 – MERCERÍA O CARRETE

– 067742 – CONFECCIONES CHELA

– 069433 – BAZAR LA NUEVA

– 064575 – INFOR B

– 037853 – TECNO PC

Prazo para reclamar o premio

Os premios adxudicáronse mediante sorteo ante notario de entre os 200.000 boletos repartidos entre o 12 e o 31 de decembro nos comercios e empresas asociados a ACEBE.CCA. De entre o total de boletos entregados extraéronse os oito números premiados. Entregarase un primeiro premio de 500 €, dous segundos premios de 250 € e cinco terceiros premios de 100 €. O resultado do sorteo ante notario publícase na páxina web da asociación, www.comerciodebetanzos.com, e no número de xaneiro de “Betanzos e a súa comarca”, a publicación mensual de ACEBE CCA. Os posuidores dos boletos gañadores deberán poñerse en contacto con ACEBE.CCA para poder reclamar o premio tendo como data límite o 28 de xaneiro de 2015.

Nese periodo de tempo deberán acreditar a posesión do boleto ademais de presentar o boleto en perfectas condicións e lexibles e contactar con ACEBE CCA a través do número de teléfono 981774574 ou presencialmente nas oficinas da asociación (Praza Mestre Xosé Dapena, 1 15300 Betanzos) de luns a venres en horario de 10.00 h a 14.00 h. Os premiados poderán canxear o premio nos establecementos asociados a ACEBE CCA a través de tarxetas regalo que poderán ser utilizadas para a realización de compras a través de calquera TPV adherido ó sistema VISA.

A campaña de Nadal da ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES E EMPRESARIOS DE BETANZOS – ACEBE CCA conta coa colaboración da XUNTA DE GALICIA, DEPUTACIÓN DA CORUÑA, CONCELLO DE BETANZOS e GADISA.

8 de xaneiro de 2015 | 12:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.