publicidade hoxe

Cepeda celebra as súas festas na honra a Santa Lucía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

A parroquia de Cepeda, no Concello de Pazos de Borbén, celebra mañá as súas festas patronais en honra a Santa Lucía. Unha xornada que alternará os ritos relixiosos coas actuacións de diferentes grupos musicais e na que participan todos os anos veciños de todas as idades. A festa terminará pola noite coa clásica verbena na que non faltará a animación musical ademais dos tradicionais postos e atraccións.

Comeza o día en honra a Santa Lucía con música grazas aos pasacalles da Banda de Música de Vertula. A continuación celebrarase unha misa rezada, ás 11:00 horas, en honra á patroa local. Ás 12:30 horas, despois dunha misa solemne, terá lugar a tradicional procesión na que a figura da santa percorrerá os exteriores do templo acompañada polos seus veciños e a citada banda de música. A verbena nocturna contará, ademais dos clásicos postos e atraccións, cun baile animado polas orquestras Limón e Marbella. O recinto contará cunha gran carpa e estará dotado de calefacción.

12 de decembro de 2014 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.