publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha quincena de mozos de Frades participou nun obradoiro de emprendemento na Rede

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

Unha quincena de mozos e mozas de Frades, todos eles menores de 30 anos de idade, participaron nun obradoiro gratuíto de emprendemento na Rede celebrado esta fin de semana no multiúsos fradense. Trátase dunha iniciativa enmarcada no Programa Activa 2014, da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que achegou a estes mozos e mozas de Frades as múltiples ferramentas que ofrece Internet para iniciar proxectos culturais, lúdicos ou incluso empresariais.

Durante algo máis de dúas horas, os formadores do Programa Activa 2014 presentaron os diferentes recursos que ofrece Internet para promover, financiar e dar a coñecer os proxectos da mocidade, centrándose en dous deles: os blogs e o crowfunding. Así, os mozos e mozas de Frades coñeceron o uso dos blogs como referente informativo de calquera proxecto que se queira levar á práctica, achegándose ás técnicas máis efectivas para elaboralo e posicionalo nos buscadores.

Pero, ademais do marketing, os formadores centráronse tamén en como obter financiamento para os novos proxectos. Ademais de coñecer os distintos recursos dispoñibles na Internet á hora de conseguir información sobre axudas, os mozos e mozas de Frades se achegaron a unha das técnicas que máis se están empregando na actualidade: o crowdfunding ou o micromecenado a través da rede.

18 de novembro de 2014 | 20:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.