publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cotobade reforza para 2015 os investimentos en promoción do emprego e acción social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

O Goberno local de Cotobade vén de pechar uns orzamentos co emprego e o gasto social como principais piares das contas públicas.

Nuns momentos nos que a macro economía comeza a dar sinais dunha lenta recuperación, o obxectivo do Concello de Cotobade e lograr que estes datos positivos cheguen tamén ao día a día dos veciños, facilitándolle o acceso ao emprego e a mellora dos servizos sociais.

Con esta finalidade, os orzamentos de 2015 inclúen un incremento do 45% no investimento destinado a promoción do emprego, que pasa dos 35.000 euros destinados en 2014 aos 61.077,50 incluídos nas contas de 2015. Con esta partida, o executivo que dirixe Jorge Cubela pretende, na medida das limitadas competencias que ten a Administración local en concepto de emprego, favorecer a diminución do paro nesta localidade, onde o desemprego segue a ser unha das principais preocupacións tanto dos veciños como do propio Goberno local.

Así mesmo, e para paliar os problemas que a carencia de emprego e as dificultades económicas ocasionan a numerosas familias, tamén se incrementa a partida destinada a acción social que pasa de algo máis de 166.000 euros en 2014 aos 185.340,07 de 2015.

Desta forma, o investimento en protección e promoción social refórzase en máis de 3 puntos, co obxectivo de mellorar o benestar da cidadanía.

Nesta liña inclúense nos orzamentos do exercicio 2015 unha reducción da carga fiscal dos contribuintes do Concello de Cotobade mediante unha exención do IBI de urbana cuxa cuota sexa inferior a 10 euros, ademais as familias numerosas poderán beneficiarse dunha bonificación do 50% na cuota tributaria da vivenda habitual.

O Alcalde propón tal como se expuso anteriormente unha exención para aqueles inmobles, fincas e casas, cuxa cuota tributaria sexa inferior a 10 euros, polo que os recibos de menos desta cantidade non se emitirán no 2015.

O Oral emitiu no 2014 un total de 14.100 recibos de Urbana.

Coa aplicación desta exención suporá que no 2015 non se emitirán un total de 9.331 recibos, que están por debaixo dos 10 euros, dos 14.100 totais, polo que o Padrón de Urbana quedará integrado por 4.769 recibos a partires de 2015.

Con todo isto, o rexedor local asegura que “os orzamentos manteñen o seu esforzo inversor, centrado en actuacións prioritarias de mantemento e mellora de servizos e infraestruturas, e continúan na liña de contención do gasto corrente e de persoal, eliminando os gastos superfluos, e axudandos ós veciños nas súas cargas fiscais”.

19 de novembro de 2014 | 12:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.