publicidade hoxe

A área de Deportes de Ferrol colabora coa segunda Masterclass Solidaria de Zumba e Body Combat

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Deportes do Concello de Ferrol, que dirixe Susana Martínez Galdós, colabora novamente na organización da “II Masterclass solidaria de zumba e body combat” que se celebrará pasadomañá sábado no pavillón polideportivo de Esteiro. A actividade deportiva e con fines benéficos terá lugar en horario de 11 a 13 horas e está organizada pola empresa Serviocio.

Nesta segunda edición da Masterclass solidaria participarán instrutores de toda Galicia coa realización de sesións de zumba e body combat. O donativo fixado para participar é de 2 euros, e a recadación obtida será destinada integramente a ASCM, entidade social que tamén colabora neste evento. Máis de 400 persoas participaron na anterior masterclass, celebrada no pasado mes de marzo, polo que se espera unha gran afluencia de xente para esta nova edición.

Esta actividade deportiva e solidaria conta tamén co apoio de “Yo colaboro por una sonrisa” que realizará talleres de manualidades e pintura para os fillos daqueles pais que participen nesta masterclass de zumba e body combat.

6 de novembro de 2014 | 20:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.