publicidade hoxe

Ovidio Rodeiro participa en Berlín nun encontro para desenvolver iniciativas coordinadas de mobilidade transnacional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorXuventude
A-
A+

O director Xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, asiste hoxe en Berlín a unha reunión de traballo no Ministerio federal de Traballo e Asuntos Sociais de Alemaña para abordar a necesidade de desenvolver iniciativas coordinadas de mobilidade transnacional xuvenil.

Unha rede de entidades xestoras do Fondo Social Europeo de 10 países (Alemaña, República Checa, Holanda, Irlanda, Italia, Francia, Polonia, Portugal, España e Suecia) formularon á Comisión Europea a implementación dun programa para financiar mobilidades xuvenís a outros países.

Son obxectivos desta convocatoria, entre outros, incrementar os coñecementos, habilidades e competencias dos mozos participantes a través de experiencias no estranxeiro en materia de educación, prácticas profesionais e emprego.

Está previsto que a Comisión Europea realice unha convocatoria coordinada e posteriormente cada Estado membro debe proceder a facer a súa convocatoria a nivel nacional ou rexional. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado está moi interesada en participar nesta convocatoria, dado que un dos eixes fundamentais de actuación deste departamento é a mobilidade xuvenil, con ampla experiencia en proxectos e incluso implementando con fondos propios un programa para a realización de estancias formativas no estranxeiro.

22 de outubro de 2014 | 13:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.