publicidade hoxe

O letrado de Rosario Porto afirma que o tribunal prefire xulgar a un corpo que unha mente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de CompostelaTeo
A-
A+
Europa Press

O avogado de Rosario Porto, o letrado José Luis Gutiérrez Aranguren, lamentou a decisión da Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña de rexeitar a súa petición de posta en liberdade da nai de Asunta, a nena achada morta nunha pista da localidade coruñesa de Teo, en setembro do ano pasado.

“Parece que o tribunal prefire xulgar a un corpo que procurar que haxa unha mente en condicións de poder defenderse”, sinalou tras reiterar que a súa clienta está “mal”.

Mentres, sobre a decisión da Audiencia Provincial da Coruña de acordar a nulidade das conversacións obtidas nos calabozos de Lonzas dos pais de Asunta, Alfonso Basterra e Rosario Porto, manifestou descoñecer os argumentos, ao igual que no caso do auto anterior.

En concreto, dixo que se decatou “polos medios de comunicación” das resolucións. No caso da nulidade das gravacións dos calabozos, indicou que “era claro que tiña que declararse nulo, como tantas outras cousas”, apostilou.

Ao respecto, dixo que cre que influíu “decisivamente” a recente sentenza do Tribunal Constitucional “rexeitando o amparo legal das escoitas e gravacións nos calabozos”, recordou.

21 de outubro de 2014 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.