publicidade hoxe

Investiranse 60.000 euros en novas obras de mellora viaria en Caldas de Reis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de ReisPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra financiará con máis de 61.000 euros tres novas obras de mellora viaria no Concello de Caldas de Reis.

Con este obxectivo, vén de autorizar a concesión dunha achega de 41.212,21 euros ao concello para a mellora dos camiños do Cabo, na parroquia de San Clemente; e da Capela de San Lourenzo en Bemil; e outra de 20.100 euros para a renovación da rúa Porto do Río, no núcleo histórico do concello.

Neste último caso, a actuación incluirá a substitución da actual pasarela de madeira e terra por outra de adoquín e o levantamento completo da rúa, adecuando o terreo e creando unha nova base de grixó e formigón armado, sobre o cal se colocará o pavimento de lousa de pedra.

Os traballos completaranse coa canalización das redes de saneamento, pluviais e alumeado público e a instalación de mobiliario urbano.

Camiños rurais

No que respecta aos camiños do Cabo e da Capela de San Lourenzo, os traballos incluirán a limpeza de marxes e cunetas e a renovación da pavimentación.

Nos dous casos se procederá á limpeza da actual capa de rodadura, para aplicar sobre ela un rego de adherencia e o correspondente asfaltado en aglomerado en quente.

13 de outubro de 2014 | 11:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.