publicidade hoxe

A Deputación da Coruña reformará os vestiarios do polideportivo de San Martiño do Porto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCabanas
A-
A+

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, vén de asinar un convenio de colaboración co alcalde de Cabanas, Germán Castrillón Permuy, polo que a entidade provincial asumirá en solitario a reforma dos vestiarios do polideportivo de San Martiño do Porto.

O ente provincial investirá 42.903,50 euros neste proxecto que permitirá mellorar as instalacións nun edificio dunha antigüidade superior a 20 anos.

Os vestiarios están en moi mal estado e precisan dunha intervención “urxente”. Por iso, a reforma que se vai levar a cabo implicará o derribo de todo o interior, incluíndo tabiques e revestimentos do chan e paredes, que se renovarán por completo. Ademais, executarase un falso teito e adaptaranse os espazos para garantir o acceso de posibles usuarios en cadeiras de rodas.   

Deste modo, a Deputación da Coruña pretende mellorar a calidade de vida dos veciños de Cabanas, que utilizan estas instalacións tanto con uso deportivo como o educativo.

24 de setembro de 2014 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.