publicidade hoxe

Sober amplía a apertura das piscinas municipais ata o 12 de setembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober decidiu ampliar a apertura das piscinas municipais ata o venres día 12 e non pechalas o día 31 de agosto, tal e como estaba previsto. O alcalde, Luis Fernández Guitián, explica que se manterán abertas cinco días máis máis atendendo ás boas previsión meteorolóxicas anunciadas para os primeiros días de setembro.

O rexedor explica ademais que o programa ‘Disfruta do verán nas piscinas de Sober’ foi todo un éxito e que todas as actividades gozaron de numeroso público. Ao longo do verán houbo numerosos obradoiros para os nenos e as nenas, de globoflexia, xogos con barro, ou xogos con paracaídas, así como cociña creativa, pintura sobre camisetas ou inchables, entre outros. Tamén houbo actividades para adultos como xogos deportivos e clases de Aquagym.

O horario das instalacións seguirá sendo de luns a venres de 13:00 horas a 21:00 horas.

30 de agosto de 2014 | 12:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.