publicidade hoxe

O presidente do Real Madrid, Florentino Pérez, deixa constancia da súa visita a Cedeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeiraLocal Portada
A-
A+
Florentino Pérez en Cedeira

Florentino Pérez en Cedeira

O presidente do Real Madrid, Florentino Pérez, visitou onte Cedeira, onde foi recibido polo alcalde da localidade, Luís Rubido. O presidente do vixente campión de Europa achegouse á casa consistorial e deixou constancia do seu paso pola vila asinando no Libro de Ouro. Tratábase dunha visita na que puido gozar da extraordinaria gastronomía de Cedeira, do seu fermoso centro histórico e ambiente festivo, xa que o municipio atópase actualmente en plenas festas patronais. Festas que se prolongarán até o próximo día 17 e nas que a música será a gran protagonista, coas actuacións de La Pegatina e On the Band (esta noite); o Festival Cedeira êFolk (mércores); Palladium e Revólver (xoves); París de Noia (venres), Gallaecia Big Band e Andrés Suárez (sábado) e Fania Branco Show (domingo). Na súa visita, o alcalde chanceou con Florentino Pérez rememorando o seu pasado culé en tempos de mocidade.

Noutra orde de cousas, Luís Rubido avanzou esta mañá as xestións en curso para solicitar o apoio da iniciativa privada en proxectos importantes para Cedeira, como a construción do porto deportivo ou a posta en marcha de vivendas tuteladas para a Terceira Idade. Neste último caso, anunciou a presentación da iniciativa nas próximas semanas.

12 de agosto de 2014 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.