publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Industria impulsa a mellora competitiva do parque empresarial de Vilamarín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseVilamarín
A-
A+

A Consellería de Economía e Industria, no importante labor de colaboración que desenvolve cada ano coas administracións locais, vén de resolver o programa de apoios municipais para a habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresarias galegos. Neste contexto, e tal e como resaltou o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, durante a súa visita ao Polígono Industrial de Vilamarín, na que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez, grazas a este programa impulsaranse distintas actuacións no parque empresarial da localidade ourensá que contribuirán á mellora da súa competitividade.

Así, destínanse 150.000 euros á construción dunha nave para a xestión de residuos, que terá unha capacidade de 140 toneladas e servirá de almacenamento intermedio antes do envío dos residuos ao punto limpo da mancomunidade. Dita nave ten capacidade para xestionar arredor de 360 toneladas ao ano de vidro, papel, cartón e plásticos.

Deste xeito, e como explicou Bernardo Tahoces, a Consellería ten destinado, nos últimos catro anos, máis de 360.000 euros ao desenvolvemento de distintas actuacións neste parque empresarial, mellorando os seus accesos, impulsando as novas tecnoloxías e implantando un sistema de videovixilancia.

Bernardo Tahoces, que estivo acompañado tamén polo alcalde do municipio, Amador Vázquez, resaltou a importancia dunha orde que desde o 2009 ten permitido desenvolver na provincia 50 proxectos que suman preto de 4 millóns impulsando a competitividade do tecido empresarial ourensán.

A través desta liña apóianse diferentes accións que abarcan o aforro e a eficiencia no gasto enerxético, a creación de novas plantas de depuración de augas, a xestión de residuos, as vías de acceso ou a instalacións de sistemas de seguridade e vixilancia. Dáse así un novo impulso ás administracións locais, con apoios que, para os proxectos individuais, alcanzan ata os 120.000 euros.

 Así mesmo, e de cara a facilitar aos municipios a modernización dos seus parques empresariais, permítese o pago de anticipos de ata o 25% da axuda concedida. Faise así accesible a posta en marcha de actividades que incrementan a calidade destas infraestruturas. Un obxectivo prioritario para o Goberno galego, que desde o 2009 leva destinados preto de 17 millóns de euros a este programa.

Trala finalización dos traballos, sinalou Bernardo Tahoces, teranse beneficiado deste programa nos últimos anos 15 concellos diferentes da provincia de Ourense, impulsando melloras nas infraestruturas de distintos parques co obxectivo de atraer investimentos empresariais.

5 de agosto de 2014 | 13:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.