publicidade hoxe

As obras de mellora nos xulgados de Arzúa contarán cunha achega de 13.000 euros da Xunta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúaLocal Portada
A-
A+

A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, levará a cabo nas vindeiras semanas diversas obras de mellora nos xulgados de Arzúa, enmarcadas no Plan de Infraestruturas Xudiciais onde se presta especial atención ao estado, mantemento e renovación das infraestruturas dos partidos xudiciais máis pequenos, como é este caso.

Estas accións, que contarán cun orzamento de 13.179 euros e están pendentes da correspondente concesión da licenza municipal, consistirán no pintado da fachada do xulgado e doutras zonas interiores do edificio, coma os corredores, a andar baixo e as zonas destinadas ás salas de vistas.

O Goberno galego enmarca este proxecto de mellora dentro do seu compromiso coa Administración de Xustiza, de xeito que dispoña dos medios materiais necesarios para levar a cabo as súas funcións. Os edificios xudiciais son unha das primeiras responsabilidades do Executivo autonómico no eido xudicial, xa que para un correcto desempeño da labor de administrar xustiza, cómpre contar cunha rede de infraestruturas adecuada, que permita aos cidadáns percibir a prestación deste servizo público como unha organización eficaz, transparente, atenta co cidadán e adaptada ás necesidades do século XXI.

28 de agosto de 2014 | 12:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.