publicidade hoxe

Lete Lasa visita o recinto no que terá lugar o Festival Arnette O Marisquiño en agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraVigo
A-
A+
Lete Lasa na visita ao recinto

Lete Lasa na visita ao recinto

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou hoxe na visita oficial ao recinto do Festival Arnette O Marisquiño que nestes días atópase en fase de montaxe na zona portuaria de Vigo. Os organizadores do emblemático evento de cultura urbana e deportes extremos que se celebrará os días 8, 9 e 10 de agosto presentaron as últimas novidades sobre a Copa do Mundo de Skate, que este ano ten por primeira vez unha da súas probas na cita viguesa. No acto participaron, en representación da Deputación de Pontevedra, o seu vicepresidente, José Manuel Figueroa, e a responsable de Deportes, Begoña Estévez, así como o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Ignacio López Chaves.

O Marisquiño, considerado un evento de referencia a nivel nacional e internacional, cumpre este verán a súa décimo cuarta edición ampliando espazos e acadando unha superficie total de máis de 92.000 metros cadrados, na que se estima que participarán máis de 1.100 deportistas de 50 nacionalidades. As disciplinas representadas abranguen o skateboard, o dirt jump de mountain bike, o BMX nas súas modalidades street e flatland, o descenso urbano en mountain bike, o freestyle motocross, e o b-boying ou break dance, ademais de exhibicións de grafiti e espectáculos musicais.

29 de xullo de 2014 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.