publicidade hoxe

II Foliada Santaia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O próximo sábado 19 de Xullo, a partir das 19:00 h, na Praza Esther Pita de Santa Cruz, terá lugar a II edición da Foliada de Santaia!

Contaremos coa actuación do grupo folclórico de baile L’Artusu, dende Mieres; a asociación cultural Punteirolo, de Vila de Cruces; e o grupo anfitrión Santaia.

Tras a quenda de actuacións daremos paso á FOLIADA LIBRE (a partir das 21:00h) á que convidamos a todo o mundo a participar e acompañarnos para facer deste evento unha festa inesquecible!

E non vai ser todo bailar e tocar. Todos os que vos acheguedes á Foliada poderedes probar os primeiros bocadillos de chourizo da tempada, preparados coma sempre da man das mellores cociñeiras. O bochinche estará preparado para dar de beber ás gorxas cansadas e no stand do Grupo de baile e gaitas encontraredes CDs e camisetas á venda para levar Santaia por todo o mundo. Tamén contaremos con pandeiretas, zocos e todo tipo de complementos para poder actualizar o vestiario de todos os bailadores, e que todo o que queira comece a bailar muiñeira!

E aínda non rematamos… durante toda a noite teremos á venda rifas a 1€ para poder participar no sorteo de incribles premios, colaborando desta forma coa Asociación de Veciños Santaia de Santa Cruz!

17 de xullo de 2014 | 20:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.