publicidade hoxe

A Deputación de Ourense ultima as xestións para a creación da Carta de Servizos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e técnicos da institución provincial reuníronse hoxe no Pazo provincial con Maryam Luzárraga, socia responsable da coordinación coa rede internacional da consultora PwC, e Ignacio García, consultor senior, para ultimar as xestións de cara á posta en marcha da que será a “Carta de Servizos” da Deputación de Ourense.

Este documento -dentro da liña estratéxica institucional de transparencia- está orientado a informar dos servizos que presta a institución provincial, e ten como obxectivo dar conta aos cidadáns dos servizos que xestiona a Deputación de Ourense e do compromiso de calidade da prestación dos mesmos, o que permitirá determinar a efectividade do funcionamento da administración provincial na súa relación coa cidadanía.

Os traballos está previsto que rematen antes de final de ano coa presentación da Carta de Servizos. Na xuntanza de hoxe analizáronse temas como a realidade provincial; a Deputación como eixe de transformación da provincia; o como e o por que dunha Carta de Servizos, e as fases para a elaboración do citado documento.

A Carta de Servizos da Deputación de Ourense responde ao compromiso recollido no Código Ético e de Conduta da institución provincial, documento no que se especifica que a Deputación elaborará unha Carta de Servizos que reflicta a súa actividade, competencias e os servizos que xestiona, así como os compromisos de calidade que fixa na súa prestación.

28 de xullo de 2014 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.