publicidade hoxe

A Banda de Música de Torroso celebra o seu aniversario no XVI Certame de Bandas de Música Populares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioMos
A-
A+

Como vén sendo tradicional desde o ano 1998, a Banda Xuvenil de Torroso celebra o seu propio certame de Bandas. Será o sábado 2 de agosto ás 20:30h e por vez primeira realizarase no auditorio do Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso, inaugurado o pasado 14 de xuño.

A celebración neste XVI certame, farase por partida dobre xa que a citada banda conmemora o seu 25 aniversario e no acto renderanse homenaxe aos antigos compoñentes, directivos do C.R.C de Torroso fundadores da banda e antigos directores desta: D. Francisco Velasco, D. José González, D. Antonio V. Raña (Tocho) e D. Carlos Tilve.

Nesta edición a banda invitada é a Banda de Música do municipio de Arbo, baixo a dirección de Don César Posada Figueiras. As obras que interpretarán son as seguintes:

EL TÍO CANIYITAS Ricardo Dorado

ROLLIPOPS Jean-Francois Michel

THE SECOND WALTZ Dimitri Shostakovich

LA MARCHENERA Moreno Torroba

AMAPOLA arr. Naohiro Iwai

MUIÑEIRA DOS PENDELLOS Juan Lois Diéguez

A Banda anfitrioa, dirixida por Dona Ángeles Lorenzo está integrada por 55 músicas e músicos que compaxinan os seus estudios profesionais cos musicais. O repertorio a tocar será:

¡OLÉ! CONTRABANDISTAS  Ramón García i Soler

a lenda de montelongoBernardo del Río

LA REVOLTOSA Ruperto Chapí

El quijote (obra para narrador e banda) Ferrer Ferrán

PONTEVEDRA, BOA VILA Juan Lois Diéguez

A Banda de Música Xuvenil de Torroso conta cunha enorme canteira de nenas e nenos a partires dos catro anos de idade, formando unha grande e recoñecida Escola de Música que medra ano tras ano. Actualmente están matriculados un total de 350 alumnos e alumnas.O éxito desta escola radica no amplo abano de actividades musicais que oferta, xa que o alumnado pode escoller a música como profesión (modalidade oficial) ou simplemente como actividade de ocio (modalidade libre). Tamén conta con clases para adultos.

30 de xullo de 2014 | 13:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.