publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O delegado da Xunta en Pontevedra visita as obras de ampliación da estrada de acceso á aldea de Arcas en Rodeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraRodeiro
A-
A+
Cores Tourís na visita a Rodeiro

Cores Tourís na visita a Rodeiro

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou, en compaña do alcalde de Rodeiro, Luis López Diéguez, a ampliación da zona de acceso á aldea de Arcas, na PO-212, que permitiu mellorar a seguridade viaria neste lugar da localidade.

Segundo explicou o alcalde, trátase dunha zona do municipio na que se atopan instaladas numerosas explotacións gandeiras, dedicadas tanto a cría de coello como de porcos, aves e vacún.

A entrada a esta aldea, situada na estrada que enlaza Rodeiro con Agolada (PO-212), “non era boa e necesitábamos que se fixera un ensanche en abanico que permitira, por un lado, mellorar a seguridade viaria neste punto e por outro, facilitar o acceso aos camións que teñen que descargar o penso nas granxas”, explicou Luis López Diéguez.

“Esta estrada ten moita pendente, é moi estreita e a curva forma un ángulo de 90 graos”, engadiu o rexedor, “o que provocaba que os camións e a maquinaria pesada como os tractores, tiveran que reducir moito e moi bruscamente a súa velocidade. Isto chegou a provocar incluso ata accidentes, polo que agora, grazas a Xunta, gañamos en seguridade viaria neste acceso”.

A obra executada permitiu anchear e aumentar a estrada en cinco metros, de xeito que os camións e a maquinaria agrícola poidan acceder sen ter que frear nin invadir o carril contrario.

Para facilitar a execución dos traballos, o concello, expropiou no seu día, os terreos necesarios para levar a cabo o ensanche.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas executou esta ampliación despois de que o alcalde trasladara ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, as demandas veciñais.

27 de xuño de 2014 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.