publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Entréganse os premios do concurso de marcapáxinas da biblioteca municipal de Cedeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+
Gañadores do concurso de marcapáxinas

Gañadores do concurso de marcapáxinas

Manuel Hermida Cagiga, Teresa Pérez Pena, Elías Pérez Lorenzo e Alba Iglesias Darriba son os catro estudantes do colexio público Nicolás do Río gañadores do primeiro Concurso de elaboración de marcapáxinas convocado este ano conxuntamente entre a Biblioteca Municipal López Cortón e máis a Biblioteca do centro educativo.

As súas creación foron elixidas entre máis de trescentos traballos presentados polos alumnos e alumnas do colexio e onte á tarde celebrábase na biblioteca municipal o acto de entrega dos premios, que consistiron nun lote de libros para cada un deles. O Concurso propoñía a elaboración de marcapáxinas cunha única temática: a vila de Cedeira (paisaxes, gastronomía, personaxes…) e técnica libre. Para iso, o centro entregaba unha cartulina en branco.

Convocáronse catro categorías: Educación Infantil (onde resultou gañador Manuel, cun bonito paisaxe da ría); 1º e 2º de Educación Primaria (a gañadora foi Teresa cun marcapáxinas sobre o faro); 3º e 4º de Primaria (Elías, que reproduciu con pequenas teselas o mural que preside a praza da casa consistorial) e 5º e 6º de Primaria (Alba, cunha imaxe do peirao). Agora, cos traballos premiados realizaráse un cartel, así como máis de medio mi-llar de reproduccións dos marcapáxinas, a fin de agasallar con eles aos estudantes do colexio.

20 de xuño de 2014 | 12:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.