publicidade hoxe

Cabanas acolle unha charla sobre as doazóns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

Coñecer máis a fondo todo o que hai detrás das doazóns de órganos. Este é o obxectivo que se vai perseguir no Concello de Cabanas coa organización dunha charla a carga da Oficina de Coordinación de Transplantes do Servizo Galego de Saúde. Durante unha hora e media, na Escola de Lavandeira, os asistentes recibirán información acerca de todo o que rodea o mundo dos transplantes. A charla terá lugar mañá, martes 3 de xuño, a partir das 19:00 horas e será unha actividade gratuíta.

2 de xuño de 2014 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.