publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A gala de premios da D.O. Ribeiro e a presentación da nova añada terá lugar o 25 de xuño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLeiro
A-
A+

A Denominación deOrixe Ribeirovive o próximo mércores 25 de xuño a súa gran cita, coa entrega dos Premios da Denominación, presentación da añada e do seu novo plan de xestión e comunicación.

O Mosteiro de San Clodio (Leiro, Ourense) será a sede desta xornada, que comezará ás 12:30 horas e reunirá destacados profesionais chegados de toda España: adegueiros, distribuidores, almacenistas, divulgadores e máis prescriptores.

Josep Roca, sumiller do restaurante El Celler de Can Roca e divulgador das bondades dos viños do Ribeiro, recollerá o Premio “Persoeiro de Honra” desta edición.

As outras categorías, cuxos gañadores desvelaranse no transcurso da gala, son: Premio “Mellor tarefa de comunicación”; Premio “Mellor servizo de viño en restaurante”; Premio “Mellor tenda especializada – viñoteca”; Premio “Mellor taberna – bar de viños”; Premio “Mellor Viño Tinto”; Premio “Mellor Viño Branco Colleiteiro”; Premio “Mellor Viño Branco de Adega”

A presentación da nova añada de viños do Ribeiro, a cargo de Pablo Vidal, director técnico do CRDO,é outro dos atractivos da gala.

A D.O. Ribeiro aposta por dar un grande pulo aos seus viños, a través dun esforzo de comunicación e comercialización, que axude a que novos padais poidan gozar da calidade duns viños con raigame na tradición pero coas virtudes que buscan os afeccionados máis bulideiros aos viños.

Diego López e o equipo de cociña do Hotel Mosteiro de San Clodio que lideraCarlos Migueizmaridarán os viños do Ribeiro con novidosas propostas gastronómicas; López, cociñeiro de La Molinera (Lalín), foi recoñecido como “Cociñeirodo Ano” no último Fórum Gastronómico.

20 de xuño de 2014 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.