publicidade hoxe

A Deputación de Lugo financia melloras de servizos públicos nos núcleos rurais de Láncara

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLáncara
A-
A+

O Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos Ramos, supervisou este martes en Láncara o remate de obras de mellora en dotacións públicas municipais, financiadas na súa totalidade polo organismo provincial, aforrando 30.000 euros ó  Concello e beneficiando, de xeito directo, ós 60 veciños das zonas rurais onde se executaron.

En Vilaleo, a Deputación financiou a pavimentación da vía pública municipal á fonte; en Toirán, o acondicionamento do camiño dos Alargos, que dá acceso a fincas agrogandeiras; en Outeiro, a reparación dunha vía de acceso a pastizais, polo que non se podía transitar, tal e como solicitou a Comunidades de Montes de Illoa, Picos e Serra; en Villadiga, a pavimentación da vía a Cubelas; en San Miguel de Monseiro, a rehabilitación do antigo colexio como local social.

Foron os veciños os encargados de contratar as obras, co orzamento da Deputación, a autónomos e pequenas empresas da zona, contribuíndo ó mantemento de postos de traballo en Lugo. Emprego, mellora de servizos públicos no rural e aforro ás arcas municipais, son, polo tanto, os principais obxectivos destas actuacións, que o organismo provincial enmarcou no Plan de Comunidades Veciñais.

10 de xuño de 2014 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.