publicidade hoxe

Os veciños de Cotobade visitan o santuario do Corpiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+
Visita ao Santuario do Corpiño

Visita ao Santuario do Corpiño

O sábado día 10 de maio tivo lugar unha excursión para os máis maiores do Concello de Cotobade, participaron 166 persoas.

A excursión consistía nunha visita pola mañá á Catedral de Santiago, para a continuación trasladarse a Lalin a comer e posteriormente visitar a Capela da Virxe do Corpiño para asistir a unha misa e á procesión da Virxe ao redor do templo.

Por último achegarse a unha fábrica de embutidos da zona.

Esta excursión contou coa presenza do Alcalde Jorge Cubela e a Concelleira María Pichel, que acompañaron aos máis maiores durante todo o día.

12 de maio de 2014 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.