publicidade hoxe

Kepa Junkera e Susana Seivane serán a cabeza de cartel do XIX Asalto ao Castelo de Vimianzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocal PortadaVimianzo
A-
A+

Era un segredo a voces, difícil de manter no tempo dada a calidade e sona dos compoñentes musicais que fundamentan a noite de concertos do sábado 5 de xullo en Vimianzo. Malia ter previsto anunciar todo o programa en conxunto na Gala-Casting do 31 de maio, adiantamos xa que o acordeonista vasco Kepa Junkera e a gaiteira coruñesa Susana Seivane farán vibrar o campo da festa, facendo que o folk galaico sexa de novo o xénero predominante desta cita.

Kepa Junkera

Con 14 álbums, 8 singles e numerosas colaboracións con artistas de todo o mundo as súas costas, Kepa Junkera é un dos músicos máis internacionais do País Vasco.

Os seus traballos discográficos, improvisacións e fusións de estilos revolucionaron o mundo da música.

Agora vén a presentarnos o seu último traballo chamado Galiza. Sons de Galicia mesturados coa txalarpa, a trikitixa, irrintzis, pandeiretas vascas… un traballo espectacular en todos os sentidos.

Susana Seivane

Hoxe é unha das grandes estrelas galegas xurdidas do boom da música folk. Comezou a súa andaina da man do seu pai Álvaro Seivane e influenciada por mestres gaiteiros. Co paso dos anos, conseguiu o respecto e admiración do mundo da gaita e da música tradicional en Galicia.

Presentaranos o seu último traballo, Os soños que volven: con melodías da súa infancia é a banda sonora da súa nenez.

O Asalto ao Castelo non é só un festival de música, polo que o resto de actividades e tamén, actuacións, que completan o día e noite de revolta irmandiña serán desvelados nas vindeiras semanas, o 31 de maio na Gala-Casting que se celebrará ás 20.30h no Auditorio de Vimianzo. Nela ademais buscaranse ás actrices e actores que interpretarán non só os papeis principais da representación do Asalto, senón tamén o resto de actuacións.

13 de maio de 2014 | 11:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.