Extinguido o incendio forestal en Rubiá
O incendio forestal que dende o pasado luns queimou en Rubiá (Ourense) unhas 235 hectáreas segundo as estimacións oficiais da Consellería do Medio Rural deuse por extinguido ás 19,20 horas deste mércores.
O lume, rexistrado nunha zona próxima ao parque natural Enciña-Lastra, comezou o luns ás 21,35 horas e a afectación de superficie, segundo a Xunta, é dunhas 220 hectáreas de monte resto e o resto de arboredo.
Nos traballos de extinción deste incendio participaron un técnico, 13 axentes forestais, 35 brigadas, 15 motobombas, unha pa, seis helicópteros e un avión.