publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Dous operarios resultan feridos en sendos accidentes en Tomiño e Castroverde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastroverdeLocal PortadaSucesosTomiño
A-
A+
Europa Press

Os servizos sanitarios de urxencia atenderon na tarde deste venres a dous operarios que resultaron feridos en Tomiño (Pontevedra) e Castroverde (Lugo), segundo informa o 112.

O máis recente sucedeu en Castroverde, onde un traballador se precipitou dunha altura duns catro metros no lugar de Vilaxuxo. O ferido foi trasladado ao Hospital Universitario de Lugo (Hula) despois de que o centro de emerxencias pedise a colaboración da Garda Civil e do GES de Becerreá.

Máis tarde, ás 17,30 horas, en Tomiño, outro traballador resultou ferido despois de caerlle encima unha árbore. Debido á importancia das lesións, foi mobilizado o helicóptero medicalizado con base en Ourense, que tomou terra no mesmo lugar do accidente, en Vilachán.

O ferido non precisou ser rescatado, pois foron os propios compañeiros os que lle retiraron a árbore de encima. Unha vez recibida a alerta, o 112 solicitou intervención a Garda Civil e GES da Guarda. Urxencias Médicas xa tiña constancia do suceso.

23 de maio de 2014 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.