publicidade hoxe

Cabanas organiza unha ruta de sendeirismo a Monfero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

A Concellería de Cultura e Deportes en colaboración co club KDM de Cabanas ten previsto organizar para o domingo 18 de maio, unha nova ruta de sendeirismo, dentro da súa planificación habitual mensual. Neste caso, a ruta proposta levará ós seus participantes ata o veciño concello de Monfero, no coñecido como Camiño dos Cerqueiros

O punto de saída como é habitual será no antigo campo de fútbol da Madalena. Os que desexen participar deberán presentarse alí as 09:00 horas. A duración prevista da ruta é de tres horas aproximadamente e a súa dificultade baixa.

Dende a Concellería de Cultura se esta barallando a posibilidade de tramitar un servizo de bus para os que desexen realizar esta ruta. En función no do número de interesados levarase a cabo ou non este servizo, para o que se pon de prazo ata o próximo venres día 9 de maio como límite para a inscrición neste bus.

 

7 de maio de 2014 | 12:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.