publicidade hoxe

Os pais e nais de alumnos de Culleredo rexistran 1.000 peticións para licitar xa a construción do IES

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal Portada
A-
A+

Os pais e nais de escolares de Culleredo celebraron hoxe a súa primeira medida conxunta para defender ante a Xunta de Galicia a construción do novo instituto. Na mañá de hoxe, preto de 150 pais e nais acudiron ao edificio administrativo da Xunta en Monelos para rexistrar senllas peticións ao conselleiro de Educación e ao presidente da Xunta.

Calculan que pola mañá superaron amplamente as 1.000 solicitudes entre todos os colexios (CEIP Tarrío, CEIP Isaac Díaz Pardo, CEIP Sofía Casanova, CEIP Ría do Burgo, colgio Ponche Pasaxe), o IES Branco Amor, e pais con alumnos en centros concertados que prevén levalo ao instituto cullerdense.

Pola tarde (sobre as 17.15 horas) acudirá ao rexistro outro grupo de pais e nais que incrementarán estas cifras.

O Concello de Culleredo colaborou coa acción decidida polos pais o pasado xoves nunha reunión multitudinaria coa disposición de autobuses para que os proxenitores puidesen desprazarse até A Coruña.

Así mesmo, o Concello pedira á Xunta, a suxestión dos pais, que á reunión prevista para o xoves entre o alcalde, Xullo Sancristán, e o secretario xeral de Educación, o rexedor acudise acompañado de representantes da ANPA. Aínda que nun escrito remitido por a  Xunta preto das 11.00 horas denegábase esta posibilidade, finalmente nun novo escrito enviado á primeira hora da tarde a Xunta aceptaba que acudan dous representantes da ANPA xunto con Sancristán e Carmen Varela.

8 de abril de 2014 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.