publicidade hoxe

Lúa Piñeiro acada a medalla de ouro no Open de Alemaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de ReisDeportesDeportes Portada
A-
A+
Lúa Piñeiro no Open de Alemaña

Lúa Piñeiro no Open de Alemaña

A caldense Lúa Piñeiro (-67) logrou a medalla de ouro no prestixioso Open de Alemaña, que se está a celebrar estes días en Hamburgo. Esta competición está recoñecida no calendario da Federación Mundial como de categoría G1 e outorga puntos para o ránking da WTF, polo que é un triunfo especialmente importante para a deportista galega. Tamén competiron Juan Fernández (que caeu nos cuartos), Borja Ríos e Fernando Rascado, mentres que Katia Calvar (-62) saltará ao tapiz mañá.

Lúa comezou o campionato fronte a italiana Federica Perugini e foi precisamente este o combate máis apertado de todo o torneo. A galega logrou a vitoria por 2-0. Nas semifinais enfrontouse a holandesa Aylin Akdeniz e gañou claramente (por doce puntos de diferenza), mentres que na final tamén foi moi superior a Seham Elsawalhy (Exipto) por un contundente 14-2.

Juan Fernández (-63) quedou a só un paso das medallas. Logrou superar en primeira rolda a Alemaña por doce puntos de diferenza, no seguinte combate eliminou ao representante de Exipto (4-3) e perdeu nos cuartos de final contra Polonia (5-3).

Pola súa banda, Borja Ríos gañou no primeiro combate fronte a Inglaterra (6-4) e perdeu contra o medallista europeo e mundial Rui Bragança (Portugal) por 3-2.

Fernando Rascado (-80 quilogramos) quedou libre da primeira rolda, pero na segunda caeu contra Darkhan Kystaubayev (Kazajistán) por un resultado de 9-6.

11 de abril de 2014 | 22:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.